¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

A Seara distribúe na MUMI 2024 e presenta showcase do 'Traspielas' de Su Garrido Pombo

Coordinamos a previa e implantación da produción de media ducia de concertos, actividades para cativas e o Aquí tou! de Touriñán

12-09-2024. Vémonos este venres na MUMI-Músicas do Minho, o encontro da industria musical portuguesa e galega ❤️

Responsables de programacións musicais, persoal técnico de Cultura, xornalistas e demais profesionais do sector, convidámosvos a descubrir no marco do MUMi o showcase de Su Garrido Pombo presentando o seu novo proxecto “Traspielas” xunto con Macarena Montesinos (cello), Iago Ramilo (saxo), Marco Maril (electrónica) e Fran Rodriguez Casal (visuais). Será o venres 13 na Zona PRO en Valença, ás 12:30, hora portuguesa.


Partindo de pezas tradicionais recollidas na aldea de Traspielas (Fornelos de Montes, Pontevedra) e proxeccións con imaxes actuais e de videoarquivo, a electrónica e a música tradicional conflúen neste concerto que celebra a memoria colectiva dunha aldea a través dunha obra musical, poética e visual. O obxectivo da artista é dar unha nova vida a estas cancións nunha proposta que pon en valor a comunidade e a cultura popular dun territorio.

A primeira feira e evento ao que acudimos co'A Seara recén constituída foi o MUMi do 2023. Vai ser bonito reencontrarnos un ano despois. Se nos vedes, saudade! E se vos presta axendar un encontro xa sabedes onde atoparnos 😎. Mirámonos en todo caso por alí!

 

Contenidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar